O Observatorio Galego da Sociedade da Información asumirá as tarefas de observación e seguimento da situación do software libre en Galicia, en colaboración de Manconún, para informar sobre o desenvolvemento das TIC na nosa comunidade.
O OGSI avaliará o grao de implantación do software libre nas empresas galegas (cun estudo sectorial), nos centros de ensino e nos concellos galegos en 2008, dando continuidade ás enquisas e informes desenvolvidos por Mancomún nos anos 2006 e 2007, polo que contarán cun marco comparativo establecido que permitirá facer unha completa análise da evolución no uso do software libre nestes últimos anos.
Os resultados deste proxecto poderán servir para proporcionar propostas e directrices de utilidade para o deseño de políticas de actuación e fomento do software libre nas entidades e institucións galegas.
O OGSI toma o relevo a Mancomún no estudo da situación do software libre en Galicia
Compartir Este Artigo
