A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela co gallo do Software Freedom Day liberou os primeiros documentos sobre licenzas de Software Libre que formarán parte dun estudo posterior sobre o licenzamento de distinta tipoloxía de obra.
Os documentos están realizados coa axuda do programa Freemind e inclúen as súas fontes. Estas achegas veñen a ser uns gráficos explicativos que ilustran, por unha banda, o mapa conceptual do software libre e, por outra, a súa representación a xeito de mapa mental, de xeito que os dous documentos serven para entender dun xeito rápido e doado o tipo de licenzas que poden afectar a calquera creación de software (aínda que tamén se poden aplicar a outros ámbitos).


A Oficina de Software Libre da USC publica 2 gráficos para axudar a entender as licenzas de software
Compartir Este Artigo
