Os disco duro para Xbox 360 venderase de xeito conxunto cunha subscrición de 3 meses a Xbox LIVE GoldO 19 de novembro os usuarios da Xbox 360 poderán actualizar a súa interface para incorporar avatares, novos contidos audiovisuais, a opción de poder gardar no disco duro xogos para non ter que cargalos dende DVD e evitar así o desgaste da lectora, acelerar a carga e reducir o ruído), pero esta actualización ocupa 128 Mbytes de disco, o que pode pillar fóra de xogo a usuarios que mercasen o modelo máis básico da consola, que non inclúe disco duro (aínda que nos últimos meses inclúa unha tarxeta de 256 Mbytes, que sería suficiente), polo que Microsoft comezou hoxe a ofrecer a posibilidade de adquirir un disco duro restaurado de 20 Gb xunto unha tarxeta de subscrición a Xbox LIVE Gold por só 24,99 euros (cando só a subscrición xa custaría 19,99 euros). Esta oferta se lanza por tempo limitado e só a través dunha web de Microsoft creada a tal efecto. Os usuario que en vez de ter unha Xbox 360 Arcade (o modelo básico actual) conten cun modelo anterior poderán solicitar o envío dunha tarxeta de 512 Mbytes de balde ou adquirir un disco duro de 20 Gb tamén a un prezo especial (14,99 euros).