Entre os días 14 e 16 de novembro se celebrará no pavillón do Colexio Sofía Casanova de Culleredo un encontro informático coñecido coma culleREDo e que repartirá unha conexión á Internet de 1 Gbps entre os seu asistentes (ata un máximo de 100 persoas).
Xa está aberta a inscrición a esta lanparty, na que se pretende compartir experiencias, información e coñecementos á vez que se xoga en rede, converténdose nun forma distinta de pasar unha fin de semana cos amigos.
Os asistentes deberán ser maiores de 16 anos e realizar unha doazón de 20 euros para poder participar co seu equipo informático completo, que deberá contar con conector Ethernet e non poderá facer uso de altofalantes.
Primeira edición do encontro culleREDo
Compartir Este Artigo

