O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai abordar nunha xornada programada para o vindeiro 27 de novembro O impacto das TIC no Exercicio do Xornalismo, unha sesión informativa que se inclúe na aposta desta entidade polo fomento da Sociedade da Información mediante accións de información, reflexión e sensibilización.
Esta xornada formativa encádrase no marco dun convenio asinado recentemente coa Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e vai dirixida tanto ao colectivo de profesionais que traballan nos medios de comunicación como aos estudantes que se forman nesta área.
A cita terá lugar no Hotel Porta do Camiño de Compostela en horario de mañá (de 9:30 a 14:30 horas) e brindaralles aos asistentes a oportunidade de coñecer as últimas novidades en materia de ciberxornalismo da man de relatores especializados e de recoñecido prestixio.
Programa e boletín de inscrición á xornadaO interesados en asistir aos relatorios deberán acceder á web oficial do CPEIG ou informarse chamando ao número 981 569 894.
A admisión é gratuíta aínda que o número de prazas está limitado a 50 polo que os organizadores recomendan realizar a inscrición canto antes xa que estes terán en conta a orde de recepción do boletín de inscrición para cubrir o total das prazas.
A encargada de clausurar o programa que segue será a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, María Helena Veiguela.
PROGRAMA DA XORNADA:
9.30 h Apertura da xornada
Fernando Suárez Lorenzo
Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
9.45 h Evanxelizando os novos medios
Jesús Miguel Flores Vivar
Xornalista blogger e profesor de Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e na Universidade Nebrija
Coordinador do Observatorio de Periodismo en Internet (OPEI)
10.30 h Aprendizaxe das TIC como paso previo á cultura de rede
Manuel Gago Mariño
Director de Culturagalega.org e profesor asociado de Linguaxe e Guión Multimedia na Universidade de Santiago de Compostela
11.45 h As TIC na formación dos ciberxornalistas
Pedro García-Alonso
Profesor de Empresa Informativa na Universidade Complutense de Madrid
Secretario da Asociación de Periodistas Bloggers
12.00 h PAUSA-CAFÉ
12.30 h O reto emprendedor dos xornalistas dixitais. Mesa redonda
Modera: Marcus Fernández, webmaster e subdirector da revista tecnolóxica Código Cero
Interveñen:
Carlos Agulló, subdirector de La Voz de Galicia, responsable da edición dixital do xornal
Roberto Noguerol, xefe de redacción de Vieiros
Juan Castro Rodríguez, promotor da plataforma multimedia Galiciae.com
Juan Varela, xornalista, consultor de medios e director de Mediathink Consultores
13.45 h Xornalismo, TIC e xestores de contidos (CMS)
José Pereira Fariña
Vicedecano e profesor de Comunicación Audiovisual e Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela
14.30 h Clausura
María Helena Veiguela Martínez
Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información Consellería de Innovación e Industria

