Para facilitar a distribución do novo OpenOffice.org 3.0.0 en galego dende Mancomún publican unha imaxe do CD coas versións do paquete ofimático para distintos sistemas operativos, xunto co corrector ortográfico en galego.
O ficheiro descargable serve para gravar un CD autoexecutable que inclúe o OpenOffice.org 3.0.0 para Windows (versión completa co paquete de idioma), GNU/Linux (en formato DEB e RPM) e Mac OS X (a versión para a plataforma Intel). O resto de versión continúan estando accesibles dende a web de Mancomún.
Recomendan gravar a imaxe do CD con aplicacións coma Gnomebaker ou K3b (para GNU/Linux) ou InfraRecorder (para Windows).
Mancomún publica unha imaxe do CD co OpenOffice.org 3.0.0 en galego
Compartir Este Artigo
