En setembro causou furor un programa que aproveitando unha vulnerabilidade da Wii de Nintendo conseguía lanzar programas caseiros e copias de seguridade de xogos comerciais sen ter que instalar un modchip, pero que se limitaba aos xogos da actual consola doméstica de Nintendo e non soportaba os títulos da súa precursora, a GameCube, o que veñen de arranxar co WiiGator Backup Launcher, que é capaz de permitir a carga de copias de vellos xogos de GameCube que continúan a gozar de moita popularidade entre os usuarios da Wii (o que se pode comprobar ao ver a cantidade de títulos en venda e aluguer desta obsoleta plataforma nas tendas de videoxogos españolas, en boa medida porque o catálogo de xogos da Wii aínda non cubre certos xéneros dos que a GameCube contaba con grandes xogos).
De todos os xeitos, este tipo de aplicacións non son perfectas, e esta versión do WiiiGator Backup Launcher non funciona con todos os xogos de GameCube, aínda que a súa listaxe de xogos compatibles é bastante ampla.
Exemplo de carga dun xogo copiado de GameCube nunha Wii sen chipear
Unha aplicación permite utilizar copias de xogos de GameCube nas Wii sen chipear
Compartir Este Artigo
