
Esta distribución baseada en Ubuntu pretende aproveitar o feito de que os nenos son unha tabula rasa de coñecemento, e non teñen preguiza en adoptar o software libre (mentres que os usuarios que levan moitos anos empregando Windows presentan reticencias ao cambio), polo que os cativos de entre 3 e 12 anos poderán atopar nesta plataforma unha interface intuitiva e doada de utilizar, con iconas grandes e xogos educativos preinstalados coma GCompris, Childsplay ou eToys.
Entre as vantaxes de Qimo tamén está o feito de que precisa de pouca potencia para funcionar, polo que vale para ordenadores que poderiamos considerar obsoletos, o que o fai máis accesible a cativos con poucos recursos económicos (que poden acceder a este tipo de equipos a través de doazóns a través de organizacións sen ánimo de lucro coma QuinnCo, promotora desta distribución de Linux).

Qimo, o Linux para os cativos
Compartir Este Artigo
