Os primeiros ultraportátiles de baixo custo que chegaron ao mercado viñan con distribucións de Linux preinstaladas, pero non todas estaban optimizadas para o tipo de dispositivo dende o que ían funcionar, pero nos últimos meses avanzouse moito nesta liña, e así agora podemos descarar a versión de proba do Moblin 2.0, un Linux que achega unha experiencia de uso sen precedentes aos ultraportátiles, centrándose no acceso á Internet, o uso de redes sociais e a reprodución de contidos multimedia.
O Moblin 2.0 fará uso das últimas tecnoloxías gráficas (coma Clutter, DRI2 e KMS), permite acceder ao momento a un calendario sincronizado, un administrador de tarefas e apontamentos, un sinxelo navegador web axeitado á pequena pantalla dos dispositivos e soportando características coma o engadido de Flash, reprodutor multimedia ampliable, unha versión actualizada do xestor de conexións e compatibilidade coa meirande parte de aplicacións para Linux.
Este sistema operativo sería compatible con ordenadores coma o Acer Aspire One, o MSI Wind, os Asus Eee PC, o Samsung NC10, o HP Mini 1010 e 1020NR e moitos outros equipos, nos que as edicións habituais de Ubuntu ou mesmo de Windows non son óptimas, pero o Moblin avanza nun bo camiño para dar lugar a unha interface cómoda, práctica e innovadora.
Actualmente xa pode descargarse de balde o Moblin 2.0 Beta, e podemos ver as súas posibilidades no seguinte vídeo:
Moblin 2.0: novo Linux optimizado para ultraportátiles de baixo custo
Compartir Este Artigo
