Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fibra óptica a esgalla para o Festival de Paredes de Coura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fibra óptica a esgalla para o Festival de Paredes de Coura

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

paredes_de_coura_campismo.jpgO Festival de Paredes de Coura xa se nos vén enriba, e somos moitos xa os que levamos un tempo tachando días no almanaque á espera da apertura das portas do que moi probablemente sexa un dos mellores e máis completos acontecementos musicais do noso país irmán e de boa parte do estranxeiro. Pois ben, este ano non só os campistas (que teñen servizo de acampada de balde, con todas as comodidades posibles) e os seareiros da música están de sorte (o cartaz de cada unha das catro xornadas vén completiño, e nada mellor que botarlle unha ollada) senón que tamén os internautas. Segundo vén de facer saber a organización do certame, a rede de fibra óptica terá especial presenza no festival grazas a un protocolo asinado co Instituto Politécnico de Viana do Castelo.
O obxectivo do acordo é facer todo posible por mellorar as comunicacións, os servizos de información vía mensaxes do texto nos móbiles e a posta en marcha dunha canle interna de vídeo do propio festival.
Con este achegamento ao Instituto Politécnico, sinala a organización entrando xa en materia, reforzarase substancialmente a cualidade das solucións postas en xogo, “seja no stand tecnológico onde são disponibilizados dezenas de computadores com acesso grátis à internet para os festivaleiros, seja na zona de imprensa, cujos sistemas de comunicações são assegurados pelo Instituto Politécnico”.
Por certo que este ano o IPVC vai reforzaro sistema de rede sen fíos, o que reforzará en gran medida as opcións de conectarse á Rede na área de campismo. “Vamos levar a alma do IPVC ao festival e iremos ampliar os serviços interactivos com o público”, afirmou o presidente do IPVC, o profesor Rui Teixeira, salientando que, desta maneira, “o politécnico estará envolvido com a região, contribuindo com o seu Know-How”.
Por certo que este ano o certame desenvólvese do 29 de xullo ao 1 de agosto, unha vez máis na praia fluvial do Tabuão.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?