
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos videoxogos galegos co gallo da inauguración dunha exposición sobre o tema na Biblioteca de Galicia. Tamén abordamos os seguintes temas:
- A Deputación da Coruña e a CEC impulsarán o emprendemento con formación TIC
- O CITIC coordina PILLARRobots e participa na organización do foro internacional WOAH
- Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas
- O CNTG reforza a súa aposta polas competencias tecnolóxicas que están a transformar o mercado
- Yago Rodríguez impúxose cun relato anti-agresións no certame das Letras Galegas do Liste
- O CPEIG convídanos a aproveitar a gran onda da intelixencia artificial
- Santiago acolle en novembro a xornada estatal da Semana Europea da Robótica
- VALUEbot entre as 20 iniciativas de innovación en comunicación pública destacadas pola ONU
- A Xunta investirá 10 millóns ata 2030 para modernizar a rede de comunicacións de emerxencias
- O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais básicas ou avanzadas
- Entrevistamos a Álex González, desenvolvedor de The Wall
- Entrevistamos a Xosé Manuel Pereiro, director e guionista de Terra Terremota
- A tecnoloxía da galega Councilbox amplía as súas aplicacións na dixitalización da Xustiza
- R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia
- Valentín García entregou os diplomas de galego a 25 persoas nadas fóra de Galicia

