Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Buscatoo: buscador mundial especializado nos eventos sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Buscatoo: buscador mundial especializado nos eventos sociais

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

buscatoo.jpgTendo en conta que en cuestión de buscadores xenéricos, moi poucas posibilidades hai de facerlle a competencia a Google (que ás veces dá a impresión de ir inserido con lume nos cerebros dos/as internautas), dun tempo a esta parte están a proliferar na Rede outro tipo de ferramentas, moito máis específicas e, dependendo do que se queira, á súa maneira moito máis efectivas. Estas ferramentas, que contribúen a quitármonos do medio todo o que non nos interesa sobre un concepto concreto, teñen a súa razón de ser no efecto colateral da globalización que é esta vaga de especificidade na era dixital. Unha desas propostas é Buscatoo, un buscador que se está dando a coñecer estes días e que centra a súa actividade na procura a nivel internacional de información vinculada aos eventos sociais.
Buscatoo, en palabras dos seus responsables (profesionais na organización de encontros “de alta calidade”), é un portal onde calquera persoa ou empresa, sexa de onde sexa, pode localizar un espazo (restaurante, hotel, finca) para a celebración do seu evento particular (cóctel, voda, reunión de empresa, conferencia, rolda de prensa, comida, rodaxe ou espectáculo) así como os provedores que se precisan para o desenvolvemento dos mesmos.
Entre as súas características principais, atopamos as seguintes: vincula espazos e máis empresas de servizos para eventos (corporativos ou familiares) por zonas xeográficas, achega buscas avanzadas amplas con filtros para depurar as procuras (tipo de espazo, área xeográfica do mesmo, axenda de ocupación, ficha técnica, etc) e subminístralles aos usuarios a opción de subscribirse a alertas “intelixentes” concordantes coa busca desexada. A ferramenta conta co respaldo de Fredevent, firma con máis de 10 anos de experiencia na organización de eventos sociais de todo tipo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?