Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense confirma a súa pegada turística na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense confirma a súa pegada turística na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ourense_burgas.jpgÁs cidades, vilas e aldeas xa non se chega unicamente co corpo físico, senón tamén, e de xeito simultáneo, coa presenza virtual. Neste senso, as localidades galegas, cos seus acertos e coas súas eivas en materia de afianzamento na Rede, non semellan ser xa unha excepción. É o caso das de Ourense, que segundo datos achegados polo Inorde e máis o Padroado Provincial de Turismo teñen cada vez máis e mellor comunicación cos turistas a través das novas tecnoloxías do eido dixital. Máis polo miúdo, mediante as actividades físicas e virtuais xurdidas ao abeiro da web www.turismoourense.com, foco de información da cidade e da provincia en materia de promoción de si mesmas.
Os datos fornecidos polo Inorde, reflectidos estes días por La Voz, falan por si sós: no segundo trimestre do presenta ano, a páxina en cuestión rexistrou un medre de solicitudes de información do 92,41% con respecto ao ano anterior.
Este feito, unido a outros, está a afianzar a dita web “como a mellor ferramenta de venda de turismo da provincia”, sinalan os responsables da mesma.
Cómpre sinalar que non toda a actividade vinculada ao portal se mantivo constante no que vai de ano: o mes que marcou diferenzas foi sen dúbida o de abril, carpetazo do inverno e antesala do verán, cunha cifra total de 1.167.753 consultas. Pero hai máis datos de interese que se extraen dos informes de Inorde, datos que non fan máis que confirmar a presenza cada vez maior da Internet en todo o vinculado a unha viaxe: o 85% das persoas que pasaron pola nosa terra programaron a súa visita apoiándose nas novas tecnoloxías da información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?