Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BSA recompensará ata con un millón de dólares a quen denuncie casos de pirateo informático en EE UU
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BSA recompensará ata con un millón de dólares a quen denuncie casos de pirateo informático en EE UU

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/07/2007
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

software_ilegal.jpgSegundo a Asociación internacional contra a piratería informática BSA (Business Software Alliance), máis do trinta e seis por cento do software que se emprega no mundo é ilegal, unha cifra que en España ascende ó 46 por cento, e que provoca perdas económicas de máis de 600 millóns de euros anuais.
Para loitar contra esta práctica, que segundo BSA“ non só é delito senón que tamén pon en perigo os datos das empresas e os equipos informáticos das mesmas” , a devandita asociación vén de anunciar que ofrece, nada máis nin nada menos que ata un millón de dólares a todo aquel que denuncie o emprego de software pirata de calquera empresa en EE UU. Cómpre sinalar que BSA semella especialmente interesada en rematar dunha vez por todas co anonimato das persoas que, polos motivos que sexan, deciden copiar ilegalmente programas (motivos variados a fin de contas, que van da arela máis notoria do lucro á simple e sinxela imposibilidade de afrontar a compra de software caro de máis por parte do traballador ou empresa), sobre todo se temos en conta o incremento na cifra da recompensa, que pasa de 200.000 a 1.000.000 de dólares en pouco tempo.
Por estes e outros motivos, segue habilitada unha web para presentar as denuncias, que obterán mellores compensacións económicas canto máis reincidente sexa a empresa denunciada e maior sexa a gravidade da súa práctica ilegal. Sinalar que esta iniciativa vai ser sufragada, precisamente, cos cartos (22 millóns de dólares) obtidos en sancións previas a establecementos acusados de piratear programas.
O “programa da recompensa do millón de dólares”, que probablemente significará un importante respaldo económico para individuos ós que o futuro da industria do software lles traia sen coidado (pero que teñan especial interese en amañar a economía propia, malia que sexa sinalando co dedo ós demais), ficará activo ata o mes de outubro, intre no que BSA volverá case con total seguridade a ofrecer as compensacións acostumadas.
Na imaxe, software ilegal, visto no caderno de Feyser en Flickr.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?