Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: eBay busca apoios na Rede para ceibar de atrancos o comercio en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

eBay busca apoios na Rede para ceibar de atrancos o comercio en liña

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ebay-2.jpgO servizo de poxas en liña eBay vén de pór en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para solicitarlles aos representantes políticos europeos que adapten o regulamento vixente sobre dereito da competencia cara a un sistema de compravenda internacional máis libre. En detalle, o que pretende a empresa con esta campaña de correos electrónicos é que se modifique a normativa europea co fin de impedir que as marcas comerciais poidan poñer atrancos sobre o trasfego dos seus produtos en canles alleas, sendo eBay un exemplo de canle allea prexudicada. Por certo que a campaña da empresa, que só lle chega por e-mail ás usuarias e usuarios rexistradas/os, responde a movementos concretos por parte de compañías que consideran que a venda en servizos de poxa dos seus produtos incentiva a práctica do fraude e máis a imitación sobre os mesmos (cando en realidade o que se incentiva é o acceso máis libre aos mesmos, sinala eBay).
Para o servizo de subhastas en liña, os sistemas dos que fai uso non só son positivos para o comercio libre, senón que tamén contribúen ao respecto polos produtos mesmos que chegan aos seus tecidos de compravenda, dato que, engade, coñece calquera usuario cun aquel de experiencia (eBay conta con certos recursos para protexer aos mellores e máis fiables vendedores e compradores e para pecharlles as portas a todos aqueles que opten por enganar ou roubar). Segundo conta a empresa na campaña, o ratio de falsificacións é de unicamente o 0,15%, e iso, engade, non xustifica os atrancos que as marcas queren impoñer para, teoricamente, protexer os seus produtos. Por certo que de prosperar estas accións contra eBay e contra as webs que levan a cabo actividades da mesma liña, as medidas restritivas afectarían a todos os obxectos en compravenda, sen ter en conta se son novos ou de segunda man, orixinais ou finalmente imitacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?