Telefónica e FNAC, dúas compañías de prestixio a nivel nacional e internacional que non escatiman en gastos cando se trata de arrimar o hombreiro e innovar para subir ao carro das novas tecnoloxías, veñen de asinar un contrato de colaboración polo que a distribuidora de ocio cultural e tecnolóxico se converte en punto de venda exclusivo de todos os produtos e servizos, tanto fixos coma móbiles, do catálogo da operadora de telefonía.
Este acordo, que entrará en vigor o vindeiro sábado día 1 de agosto, é pioneiro no mercado e, coa súa sinatura, FNAC convérsese na primeira cadea de establecementos que opta por traballar en exclusiva cun operador de telecomunicacións, poñendo a disposición dos seus clientes todas as referencias comerciais. FNAC España é pioneira nesta experiencia, que se trasladará posteriormente ao resto de países onde está presente.
Telefónica, pola súa banda, terá presenza comercial propia dentro dos establecementos a través das Zonas Movistar, nas que ademais dos vendedores especialistas de FNAC, a compañía proporcionará atención personalizada a través duns 40 promotores (dous por establecemento) que lle facilitarán ao cliente asesoramento integral e información sobre o catálogo completo de Telefónica.
As zonas Movistar poderán encontrarse nos 19 puntos de venda de FNAC en España, situados en Madrid, Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Valencia, Alicante, Biscaia, Asturias, Málaga, A Coruña e Guipúscoa.
FNAC convírtese en distribuidora do catálogo fixo e móbil de Telefónica
Compartir Este Artigo

