Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Jazztel paga 2.000 euros a un cliente ao que deixou noventa días sen teléfono e Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Jazztel paga 2.000 euros a un cliente ao que deixou noventa días sen teléfono e Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A operadora Jazztel vén de indemnizar con 2.000 euros a un cliente que ficou durante tres meses sen liña telefónica nin acceso a Internet. Segundo conta EFE a partir de informes da organización de consumidores FACUA (encargada de levar a parte legal do proceso), a compañía de telecomunicacións foi condenada a pagar a devandita cifra polo Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Sevilla, indemnizacións por danos morais que a operadora finalmente pagou cos seus intereses incluídos.
Os feitos tiveron o seu xermolo en outubro de 2006, cando o denunciante lle solicitou á compañía a portabilidade do seu número e un servizo de ADSL. A empresa, a tenor das declaracións vertidas no proceso xudicial, tardou case 30 días en pedir a portabilidade ao anterior subministrador de servizos de telecomunicacións do usuario, proceso que chegou á súa fin pero desencadeando problemas de tramitación que deixaron ao denunciante sen liña.
O pago das devanditas indemnizacións, malia todo, fíxose agardar. Segundo conta FACUA, non abondou cos tres meses de espera: logo dese tempo, o cliente solicitou a baixa e procedeu a reclamarlle á compañía unha compensación monetaria, petición que a empresa denegou, polo que finalmente o usuario optou pola vía xudicial. Polo que respecta á sentencia, faise saber nela que o servizo non se interrompeu (como alegaba Jazztel) senón que nunca foi activado. Asemade, establece que a privación de liña e de Rede durante noventa días achegoulle ao cliente unha “incomodidade que non estaba obrigado a aturar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?