Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo disco de Manu Chao, en descarga libre dende a web de La Colifata
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo disco de Manu Chao, en descarga libre dende a web de La Colifata

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

colifata.jpgManu Chao segue a traballar para establecer novos xeitos de comunicación entre os músicos e os seareiros, xeitos que pasan por tirar abaixo unha boa parte dos métodos tradicionais de compravenda de discos, que non o negocio na súa totalidade. A idea fundamental: aplicar ao mercado discográfico os fundamentos do chapeu dun artista que se move entre o público logo dunha actuación. Esta máxima de que cada quen pague segundo as súas posibilidades é a que acompaña a disposición na Rede do novo traballo de Manu Chao, achega musical xurdida das experiencias do músico francogalego cos/as internos/as do Hospital Psiquiátrico José Borda de Bos Aires, mundialmente coñecidos por ter mantido activa durante anos a emisora de radio La Colifata.
Segundo conta estes días Vieiros, é precisamente da web desta canle onde se dispuxo o novo disco de Chao en libre descarga (de balde, pero aberto ás doazóns dos internautas).
O traballo musical tivo a súa orixe nas visitas que o artista lles fixo aos internos do dito centro psiquiátrico durante unha das súas xiras en Arxentina, concretamente a da promoción do seu disco La Radiolina. Estas tomas de contacto deron como resultado unha serie de gravacións, que son as que agora se presentan, en parte para dar a coñecer os métodos alternativos de tratamento de doentes mentais (participativos, dialogantes e creativos) polos que o devandito Hospital Psiquiátrico leva loitando dende hai anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?