Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O SERGAS pon en marcha unha web específica sobre a gripe A
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O SERGAS pon en marcha unha web específica sobre a gripe A

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conselleria_sanidade_pilar_farjas_nova_web_gripe_a.jpgPerante as demandas de información concreta sobre a gripe A e a súa incidencia presente e vindeira no noso país, a Consellería de Sanidade vén de habilitar unha páxina web específica sobre o andazo. O sitio, que foi presentado hoxe pola conselleira Pilar Farjas, xorde co obxectivo de achegar información de valor tanto á cidadanía en xeral como aos profesionais da medicina, ás organizacións de apoio á sociedade ou a outros colectivos interesados no alcance e fondura da enfermidade. A web ten de novo a súa localización específica: os contidos, pola súa parte, xa estaban na súa meirande parte dispoñibles na propia web xenérica do SERGAS. O obxectivo da nova páxina, en palabras de Pilar Farjas, é duplo: por unha banda, “manter o compromiso da Consellería de Sanidade coa información permanente vinculada á gripe A”, e, pola outra, xerar unha vía de acceso á información para clarexar dúbidas a toda a cidadanía. O novo sitio está distribuído en catro apartados.
O primeiro deles inclúe datos para as usuarias e usuarios de a pé (preguntas frecuentes sobre cómo se contaxia, cales son os síntomas e os xeitos de protexerse do virus, etc), o segundo vai dirixido aos profesionais sanitarios (acceso aos informes de Atención Primaria e Especializada), o terceiro para colectivos (consellos para responsables de campamentos, recursos para nais e pais de rapaces en idade escolar, etc) e o cuarto ficará habilitado para dar acubillo aos comunicados oficiais da Consellería de Sanidade e ás subscricións de alta no servizo de alerta por mensaxes de texto no móbil (iniciativa posta en marcha a comezos de xuño co fin de ampliar o alcance da información vinculada ao devandito andazo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?