Logo de que no pasado mes de xuño, 16 ministros alemáns lle pediran ao Bundestag que prohibira a creación e distribución de xogos que implicasen actos violentos ou simulados contra seres humanos, os internautas e afeccionados a este tipo de pasatempos non se fixeron agardar, e veñen de subscribir unha petición por Internet nos foros oficiais do parlamento alemán para pedirlle ao executivo alemán que “reconsidere a medida”.
En Alemaña, segundo puidemos ler hoxe no xornal El Mundo, calquera cidadán pode presentar unha petición perante o Busdestag, ben sexa por escrito ou a través da Rede, para que sexa publicada e discutida nos foros oficiais do organismo. Segundo afirma, “calquera petición que recabe o apoio de 50.000 sinaturas en menos de seis semanas, obriga ao Parlamento a ler e discutir o tema que esa petición trate”.
Xa que logo, os plans do goberno alemán de prohibir os videoxogos violentos terán que agardar a lo menos un pouco máis, xa que un total de 67.000 internautas (unha cifra substancialmente superior ás 50.000 requeridas) subscribiron a súa petición ao respecto.
A intención do Goberno alemán era que a prohibición se aprobara antes das eleccións de setembro, porén a oposición creada na Rede, personificada nesas 67.000 sinaturas, obriga ao Parlamento a examinar e debater as demandas dos xogadores. A devandita petición colectiva pide que “se impida a prohibición de videoxogos violentos” e que, en contrapartida, se tomen medidas para “manter eses xogos lonxe dos nenos e nenas menores”. Asemade, o colectivo asinante, aproveitando a coxuntura, desexan “unha maior promoción por parte do goberno alemán da industria dos videoxogos”.
Porén, pese ao número de sinaturas recadadas, a petición podería servir tan só para retrasar a medida e seguir adiante coa prohibición de distribuir videoxogos violentos, tal e como pasou recentemente coa petición de frear unha lei para a censura na Rede interposta por máis de 130.000 internautas, que finalmente segueu adiante con éxito.
Os internautas alemáns unidos en prol da industria dos videoxogos
Compartir Este Artigo

