Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno e as plataformas tecnolóxicas unen esforzos para relanzar o eDNI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno e as plataformas tecnolóxicas unen esforzos para relanzar o eDNI

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

edni_impulso.jpgO Goberno central (a través dos ministerios de Industria e o Interior) e as patronais tecnolóxicas veñen de asinar un acordo de cooperación para darlle un novo pulo ao DNI electrónico e ás súas principais vantaxes e funcionalidades, para a gran maioría dos cidadáns do estado español un misterio aínda por descubrir. A xuízo dos asinantes, o pulo en cuestión chega nun intre decisivo para o desenvolvemento real de dita ferramenta identificativa: agora que xa hai máis de 11 millóns de documentos expedidos. A idea deste peche de fileiras arredor do eDNI non é outra que emprazar a España entre os países máis avanzados do mundo. Potencial, a xuízo do Goberno e as patronais, non lle falla: practicamente imos camiño de estar todas e todos en disposición de facer emprego da sinatura electrónica (unha das achegas do eDNI).
O problema, como case sempre, é que moi poucos cidadáns teñen os recursos ou o interese de dar o paso e tirarlle partido dixital á súa tarxeta. Co fin de solucionar este problema, e incrementar a información sobre o eDNI, é para o que se constituíu a colaboración presentada hoxe.
O convenio estará vixente durante un período de tres anos e inclúe, entre outras accións, as seguintes:
· Promover entre as empresas fabricantes e comercializadoras de computadores, portátiles e outros dispositivos electrónicos que os novos modelos que se poñan no mercado español leven incorporado un lector de DNI electrónico.
· Desenvolver e promover o uso dun logo que lles indique aos cidadáns a incorporación dun lector de eDNI nos ordenadores, portátiles e outros dispositivos electrónicos.
· Impulsar campañas de promoción e popularización das vantaxes do eDNI para facer máis doado o coñecemento dos seus usos avanzados por parte da sociedade.
· Promover o desenvolvemento e adaptación de aplicacións informáticas que estean capacitadas para aceptar e ofrecer servizos baseados no emprego do DNI electrónico e avaliar as medidas técnicas que poidan potenciar a facilidade de uso do mesmo.
Por certo que o investimento destinado polo Goberno ao eDNI dende o seu lanzamento foi de máis de 314 millóns de euros, orzamento e pulo no que colaboraron os ministerios de Industria e Interior. Neste intre, a totalidade das comisarías que expiden documentos identidades achegan unicamente o novo formato, útil para relacionarse a través de Internet acreditando identificación e sinatura electrónicas “seguras coas empresas, as administracións e os particulares”, sinala o Goberno.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?