Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Telecentros acollerá un curso de creatividade e intelixencia emocional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Telecentros acollerá un curso de creatividade e intelixencia emocional

Fernando Sarasketa
Publicado: 31/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telecentro-2.jpgOs Telecentros de Melide, Betanzos, Chantada (na imaxe), FCSC (a Facultade de Ciencias da Comunicación en Pontevedra), A Cañiza e Ourense van acoller durante as vindeiras semanas un curso de Creatividade e Intelixencia Emocional, actividade formativa encamiñada a achegar recursos e consellos para reforzar a capacidade de superación (social, laboral, persoal) das persoas inscritas nas ditas aulas dixitais fronte aos novos retos que impón a Sociedade do Coñecemento. O curso, de 120 horas, consta de tres actividades gratuítas a desenvolver nos devanditos centro multimedia durante o ano 2009.
Incorpora no seu seo catro módulos de aprendizaxe, un por cada eido temático: ideas (ensinar a prensar e a facer exercicios de pensamento para saber cales son as boas e cales son as malas ideas), creatividade (aprender a converter o positivo en aínda máis positivo: ideas con capacidade de ter vida propia e máis pegada social), intelixencia emocional (achegar recursos para manexar a forza das emocións co fin de mudar as ideas mellores en realidade) e informática (uso das mellores ferramentas actuais co obxecto de facer máis doado o pensamento activo, a creatividade e máis a intelixencia emocional).
Polo que respecta ás persoas destinatarias da actividade formativa, sinalar que vai encamiñado a mozas e mozos interesadas/os en tirar partido dos recursos propios de seu (maxín, enxeño, capacidade de pór en marcha proxectos) como vehículo para a mellora social e persoal. O número de prazas por centro vén establecido pola capacidade de cada aula. No que atinxe aos horarios, relembrar que contará cunha duración de 120 horas en aula, a distribuír de luns a xoves e de 9.00 horas a 14.00. A segunda das accións formativas dará comezo o vindeiro martes 22 de setembro, e desenvolverase ata o martes 3 de novembro nos telecentros citados. Establecerase tamén unha titoría en liña a disposición das/os participantes, tanto durante as sesións como en aula como no mes posterior ao remate das sesións devanditas. Por certo que xa está aberto o proceso de inscrición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?