Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fiat Brasil déixase seducir polo clima de traballo do software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fiat Brasil déixase seducir polo clima de traballo do software libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/08/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mio_coche_aberto_brasil.jpgSemella que algo está a cambiar definitivamente na industria do automóbil, se cadra pola crise ou ben porque os potenciais compradores xa non son os mesmos, e xa hai unha boa cantidade de xente (interesante mercado alternativo) que demanda dunha vez por todas vehículos máis limpos, máis sostibles e, sobre todo, máis económicos e igual de útiles e competitivos cós automóbiles de toda a vida. Se hai días Renault convidaba aos seareiros a experimentar co seu prototipo de coche eléctrico (que lanzará de masivo dentro duns 18 meses), agora toca falar de Fiat, quen adaptará ao seu propio sistema produtivo os preceptos da programación aberta, polo menos no que se refire ao Mio, un proxecto que colle corpo en Fiat Brasil, e non é casualidade que así sexa. Sobre todo, se temos en conta que o país irmán é un dos valedores por excelencia da programación aberta e un dos grandes promotores das vantaxes do software libre a todos os niveis.
O resultado de todo isto xa o podemos ver en fiatmio.cc, o equivalente automobilístico a un obradoiro de informática aberta. Dende esta páxina web, face visible do proxecto Mio, anímase á comunidade de desenvolvedores e deseñadores de todo o mundo a pór o seu gran de area na creación colectiva dun vehículo con licenzas de propiedade abertas.
A idea é que os enxeñeiros de Fiat lancen o prototipo colaborativo para que logo todas e todos poidamos tirar ideas, mesmo fabricantes de outros vehículos. Non haberá peza ou parte do vehículo que fique sen estar a disposición da creatividade multitudinaria, dende o motor, a carrozaría, o equipamento de seguridade ata os materiais a empregar. A idea, como dixemos, é tirar partido das vantaxes do segredo ao descuberto, precisamente o contrario da estratexia a seguir pola industria privativa (da que Fiat, cómpre non levarse a engano, tamén ten formado parte). O froito de todo isto será o Fiat Concept Car III (o de Concept alude á súa condición de prototipo), que será dado a coñece no Salón Internacional do Automóbil en 2010 (en outubro do ano que vén en São Paulo).
A nova sobre o desenvolvemento aparece estes días referenciada na comunidade Chuza!

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?