Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orange devolve preto de 11.000 euros que lle cobrara a un cliente por conectarse a Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orange devolve preto de 11.000 euros que lle cobrara a un cliente por conectarse a Internet

Raquel Noya
Publicado: 04/08/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Logo dunha reclamación interposta por FACUA-Consumidores en Acción, ao operador de telecomunicacións Orange, esta compañía vén de devolverlle a un usuario preto de 11.000 euros que lle cobrara por conexións a Internet efectuadas dende Andorra. O afectado, que tiña contratada unha tarifa plana de acceso a Internet móbil, non fora informado pola compañía sobre as elevadas tarifas de datos que aplica en roaming, nin de xeito contractual nin verbal, polo que dou por feito que a tarifa plana se aplicaba tanto dentro de España como no estranxeiro. Lonxe de ser así, no pasado mes de xaneiro, o afectado recibíu unha factura de Orange que incluía 10.983,94 euros en concepto de “consumo en servizo de datos/Internet”, polos pouco máis de 7 Xigas que consumira durante unha viaxe a Andorra. Porén o sorprendente deste asunto, non foi que Facua conseguira que a operadora devolvera o importe da factura, algo que consegue en repetidas ocasións ao longo do ano, senón que o afectado pagou a enorme cantidade facturada, xa que gañara un coche nun sorteo de Orange e a condición para que llo entregasen era estar ao corrente dos seus recibos. Ante a negativa da compañía a cancelarlle a débeda e o temor a perder o premio, segundo apuntan dende a compañía, “o usuario aboou a totalidade da factura e asociouse a FACUA para que actuase en defensa dos seus dereitos”. A actuación da asociación provocou que Orange reducise en case un 99% a cantidade facturada. Consumidores en acción advirte na súa web que ao non incluír información sobre as tarifas de roaming no seu contrato nin ter remitido ao usuario datos sobre estas, “o operador vulnerou o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios (aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro), que establece no seu apartado 2.b que en toda información ao consumidor sobre o prezo dos bens ou servizos, incluída a publicidade, se informará do prezo final completo, analizando, no seu caso, o importe dos incrementos ou descontos que sexan de aplicación, dos gastos que se repercutan ao consumidor e usuario e dos gastos adicionais por servizos accesorios”.
Asemade, a compañía tamén incumpriu o artigo 105 do Real Decreto 424/2005, do 15 de abril, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?