Comezou en Vilagarcía de Arousa a festa informática Galaecia.net 2009, espallándose a súa celebración ata mañá no auditorio municipal. O evento está organizado pola Asociación Sil, e aparte da tradicional LAN Pary, tamén terán lugar unha serie de relatorios e obradoiros que tratarán temas coma o posicionamento en buscadores, o hacking ético, a instalación dun servizos de comunicacións baseado en Linux, a evolución das comunicacións sen fíos, as redes sociais e mesmo unha introdución aos sistemas operativos UNIX/Linux . Estas actividades celebraranse nunha aula separada.
Bota a andar o encontro informático Galaecia.net
Compartir Este Artigo

