Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: España é o segundo país coa banda larga máis cara da OCDE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Banda larga

España é o segundo país coa banda larga máis cara da OCDE

Marcus Fernández
Publicado: 16/07/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ocde_portada.jpgA OCDE publicou o seu informe anual sobre o estado das telecomunicacións, destacando o crecemento da banda larga como sistema de comunicación á Rede con xa o 60% dos usuarios (dentro dos países membros do organismo). Tamén destacaron que nos países onde a fibra óptica entra en xogo as velocidades de acceso son mellores e máis baratas, destacando que no Xapón contan con conexións de 100 Mbps, o que multiplica por 10 a velocidade media do estudo. Confirmando o anterior, o prezo por megabit no Xapón é de só 0,22 dólares, fronte ós 81,13 dólares que se pagan en Turquía ou os 2,20 dólares de España (aínda que temos que lembrar que se trata das tarifas mínimas por país, pois o normal é pagar moito máis por conexións de 1 Mbps).

Comparativa dos prezos da banda larga na OCDE
Comparativa dos prezos da banda larga na OCDE
Os datos publicados no informe corresponden ó pasado mes de outubro, e reflicten un descenso dos prezos das conexións a través de DSL dun 19%, mentres que as velocidades se incrementaron un 29%, comportamento que tamén se produce nas redes de cable.
Por desgraza, este informe da OCDE volve a deixar constancia da mala situación de España no tocante ós prezos dos seus accesos á Rede, sendo o país máis caro da OCDE despois de México. Temos así que conectarse á Internet por banda larga en España custa 45,14 dólares, mentres que en Portugal custa 37,44, no Reino Unido 29 dólares e en Suecia 10,79 dólares.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Banda larga

A fibra óptica sumou máis de 100.000 novas liñas en setembro

13/11/2026
Banda larga

Starlink adopta unha política de prezos flexibles

30/10/2026
Banda larga

O 91,5% das vivendas de Galicia xa ten cobertura de banda larga cun mínimo de 100 Mbps

28/10/2026
internet_rural.jpg
Banda larga

A provincia de Ourense, á cola de España en cobertura de fibra óptica

27/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?