Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arredor de 1.500 persoas visitaron a cuarta edición da Arousa Party
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Arredor de 1.500 persoas visitaron a cuarta edición da Arousa Party

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/02/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

arousa_party_09.jpgCo bo tempo, van chegando de novo os encontros dixitais para a mocidade. Sen ir máis lonxe, a pasada fin de semana celebrouse en Vilanova de Arousa un dos de meirande proxección de cantos encontros baixo teito se celebran na nosa terra: a Arousa Party. A xuntanza, que se desenvolveu do venres 13 ao domingo 15 no Pavillón de Deportes da localidade pontevedresa, contou de novo coa Asociación de Internautas das Rías Baixas Galegas (AIRBAG) en labores de organización. A idea dos responsables da party, unha vez máis (e xa van tres convocatorias), foi a de ofrecer un escenario equipado ata no máis mínimo detalle para o intercambio de coñecemento arredor do dixital. Neste senso, indica a organización, as cifras acadadas foron do máis positivo: repartíronse un total de doce consolas en premios (Wii, Xbox 360 e máis Nintendo DS) para os participantes dos torneos de videoxogos (Counter Strike, Need for Speed e Pro Evolution Soccer) e, a maiores, conseguiuse atraer ao Pavillón de Deportes de Vilanova a arredor de 1.500 persoas de todas as idades (non só mozos, teoricamente principais interesados en todo o que teña que ver coas redes e as consolas).
A party, que tamén deu acubillo a concursos non directamente vinculados ao dixital, como por exemplo xogos de bolos, fútbol ou Singstar, contou tamén cun importante número de asistentes-participantes oficiais: arredor dun centenar de mozos e mozas. Por certo que a iniciativa contou para chegar a bo porto co apoio de Caixanova, o Concello de Vilanova ou a Deputación de Pontevedra. Segundo sinalan os organizadores do evento e logo dos froitos acadados, todo indica a que por estas datas, o vindeiro ano, estarase a celebrar a cuarta edición da Arousa Party.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?