Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta investirá 102 millóns de euros ata 2013 para fomentar a banda larga en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Banda larga

A Xunta investirá 102 millóns de euros ata 2013 para fomentar a banda larga en Galicia

Marcus Fernández
Publicado: 10/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Núñez Feijoo anunciou en rolda de prensa as medidas adoptadas no Consello da Xunta
Núñez Feijoo anunciou en rolda de prensa as medidas adoptadas no Consello da Xunta
Tras o Consello da Xunta celebrado hoxe no Pazo de Raxoi, o presidente, Alberto Núñez Feijoo, anunciou que durante o último trimestre do ano elaborarán o primeiro Plan Director de Banda Larga do que disporá Galicia, o que trasladarase nun investimento de 102 millóns de euros ata 2013. O plan cuxa elaboración aprobouse hoxe definirá o mapa de infraestruturas de banda larga, así como a estratexia do seu despregamento máis axeitada para que a meirande parte dos cidadáns e empresas galegas conten cun acceso de calidade á banda larga no horizonte de 2013.
O plan de banda larga está dentro da estratexia global de telecomunicación en Galicia para o que o Goberno galego prevé pór en marcha entre 2009 e 2013 cun investimento total superior aos 260 millóns de euros, acollendo tamén o despregamento da infraestrutura de TDT, a modernización das redes de telecomunicacións da Administración galega e da rede de investigación de Galicia.
O Consello aprobou esta tarde no Pazo de Raxoi a elaboración dun Plan Director de Banda Larga
O Consello aprobou esta tarde no Pazo de Raxoi a elaboración dun Plan Director de Banda Larga
O obxectivo principal do plan director é a loita contra a fenda dixital, achegando a banda larga a toda a nosa comunidade cunha calidade de servizo e custos axeitados. Esta medidas chegan nun momento no que, segundo os últimos informes, Galicia continúa entre as comunidades menos desenvolvidas no acceso aos servizos de telecomunicacións e, polo tanto, no progreso da Sociedade da Información. Tamén serve para dar cumprimento a o mandato comunitario europeo de crear programas específicos orientados ao desenvolvemento das TIC no eido rural.
Dende a Xunta tamén destacan que a fenda tecnolóxica que separa a Galicia do conxunto do Estado e da Unión Europea medrou nos últimos tres anos, á vez que tamén medra a división entre o rural e o urbano no tocante ao acceso ás TIC, de aí que sexa preciso tomar medidas ao respecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Banda larga

A fibra óptica sumou máis de 100.000 novas liñas en setembro

13/11/2026
Banda larga

Starlink adopta unha política de prezos flexibles

30/10/2026
Banda larga

O 91,5% das vivendas de Galicia xa ten cobertura de banda larga cun mínimo de 100 Mbps

28/10/2026
internet_rural.jpg
Banda larga

A provincia de Ourense, á cola de España en cobertura de fibra óptica

27/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?