Os días 30 de setembro e 1 de outubro Montreal acollerá e-PaperWorld, un congreso organizado pola Universidade de Quebec sobre o libro electrónico, no que terán lugar relatorios e mesas redondas (podemos consultar a versión dixital do seu programa de actividades), o que fainos pensar que estamos ante a emerxencia definitiva do libro electrónico, sector do que aínda queda moito por avanzar, pero que xa apunta maneiras.
Pero o evento canadense non vai quedar só, senón que en Madrid tamén está a xestarse o que será a I Feira do Libro Dixital, organizada por Bubok e e-Cultura, e que xa conta co apoio de múltiples axentes do sector, como a Asociación de Revistas Dixitais de España (ARDE), Soopbook, o portal de humanidades que permite a descarga de libros dixitais Liceus, Dosdoce e Leer-e, entre outros.
Este certame busca xuntar a editores, distribuidores, autores, axentes literarios, empresas de software e hardware, expertos, prescritores, lectores e público xeral nun contexto máis cultural que tecnolóxico no que buscan amosar as posibilidades do libro dixital. O encontro tamén servirá para avanzar no debate entre os distintos axentes do sector para atopar un modelo de negocio viable que permite as descargas de libros en liña sen prexudicar ao sector actual.

O libro electrónico comeza a contar con feiras de seu
Compartir Este Artigo

