O vindeiros días 3 e 4 de novembro, terá lugar, nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, unha xornada Microsoft TechNet na que se darán a coñecer , con demostracións prácticas, as novidades dos produtos Windows7, Windows Server 2008 R2, Exchange Server 2010, así como solucións de virtualización con Windows Server 2008 R2 e novidades en seguridade nas plataformas Windows e Forefront.
O evento, realizado en colaboración entre o CNTG, centro integrado na estrutura da Dirección Xeral de Formación e Colocación da consellería de Traballo e Benestar, e Microsoft, inclúe varios actos dirixidos a diferentes perfís: profesionais, profesionais técnicos, partners e/ou desenvolvedores , sendo a asistencia a xornada libre e gratuíta e condicionada ao previo rexistro e aforo do local.
A xornada da mañá do día 3 dirá dirixida a profesionais da tecnoloxía, mentres que pola tarde serán os partners o obxectivo das presentacións, mentres que o día 4 pola mañá serán os empresarios e profesionais sen coñecementos avanzados os que poderán acadar máis información sobre os novos produtos de Microsoft, o que contratas coas actividades da tarde, dirixidas a desenvolvedores e deseñadores web.
O CNTG acollerá varias presentacións dos novos produtos de Microsoft
Compartir Este Artigo

