Este venres terá lugar no Gran Hotel da Toxa (O Grove) a XIV edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, gala presidida por Alberto Núñez Feijoo, e organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, agardando xuntar a preto de 400 profesionais do sector das TIC.
O programa do evento é coma segue: – 20:15 Recepción de autoridades no Gran Hotel La Toja – 20:40 Chegada do Sr. Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo. Comparecencia ante os medios do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do Decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide. – 21:00 Comezo da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
· Acto de presentación da Televisión Dixital, un avance tecnolóxico e social
· Proxección audiovisual Axencia Estatal de Radiocomunicacións – 21:40 Acto de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información – 22:10 Cea de gala
Este venres celebrarase a XIV Noite Galega das Telecomunicacións
Compartir Este Artigo

