Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google alugará películas a través de YouTube
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google alugará películas a través de YouTube

Raquel Noya
Publicado: 21/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

youtube_aluguer.jpgYouTube, a popular web de vídeos de Internet propiedade de Google, vai comezar en breve a probar un novo servizo de aluguer de películas en Internet con cintas independentes do Festival de Cine Sundance.
Este servizo, que estará dispoñible para os internautas a partir do vindeiro mes de xuño, estará limitado inicialmente a cinco títulos de Sundance, así como a unha pequena colección de vídeos de socios e industrias da saúde e da educación, entre outras.
Nas vindeiras semanas, segundo The New York Times, YouTube convidará a outros socios independentes a participar neste mesmo servizo de aluguer, que ofrece unha nova opción ademais do modelo respaldado por publicidade que YouTube emprega na actualidade para ofrecer vídeos no seu site.
O portavoz da compañía, Chris Dale, afirma que “o programa podería ampliarse potencialmente ata incluir películas de recente lanzamento da maioría dos estudos de Hollywood”, porén non afirmou ter falado cos estudos sobre tema nin para cando pode estar listo este servizo extra.
Na actualidade, esta web de vídeos en liña ofrece películas antigas e programas de televisión, así como outros contidos de vídeo de socios como MGM, Worlwide Digital Media e Walt Disney; sen contar cos millóns de vídeos caseiros dos usuarios, que ao igual que o resto de contidos están dispoñibles de balde grazas a un sistema apoiado por publicidade.
Aínda que son poucos os detalles que se coñecen sobre este novo servizo, Dale adiantou que os cineastas que participen no novo programa de aluguer en liña, “poderían cobrarlle aos usuarios entre 99 centavos e 19,99 dólares polas películas, que poderían estar dispoñibles durante un periodo de 24 horas ata un máximo de 90 días”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?