Pese a que aínda non chegou oficialmente ao mercado español, o Nexus One xa leva varios meses na rúa, de xeito que xa é un terminal ao que tócalle madurar a nivel de software, de aí que aparezan moitos rumores sobre as novidades que achegará o Android 2.2, que terá coma alcume Froyo, e que centrarase na optimización do seu funcionamento, á vez que podería incluír prestacións coma: compilador JIT, máis memoria RAM libre (coma conseguen certas ROM tuneadas), melloras no OpenGL ES 2.0 e soporte de Flash 10.1 (Adobe anunciou que estaría dispoñible para Android nos vindeiros 2 meses). No caso concreto do Nexus One, a actualización podería traer a solución aos problemas de control multi-táctil, activación do trackball de cor (posible con algunha ROM alternativa) e a activación da radio FM (presente no HTC Desire, pero ausente do Nexus One pese a contar co mesmo chip que serve para tal fin).
Dende Google non queren facer público o seu calendario para Android, pero esta nova actualización podería saír o vindeiro 19 de maio, día no que comeza o evento Google I/O, polo que sería un momento ideal para presentar as novidades do sistema operativo móbil promovido por Google.
Rumores sobre as novidades do Android 2.2
Compartir Este Artigo
