
En resumo poderiamos dicir que os concellos españois suspenden en e-Administración (cunha nota media dun 4,36), con só un 28% do total de trámites dixitalizados e con só 3 concellos (Murcia, Bilbao e San Sebastián) superando o 50% de servizos interactivos. Curiosamente, grandes concellos coma Madrid e Barcelona, son os de peor implantación dos servizos interactivos, xa que aínda que superan ao resto en números absolutos, en termos relativos están bastante por debaixo da media española.
Cómpre destacar que cando falamos da e-Administración a nivel autonómico os resultados son substancialmente mellores, polo que o estudo o que vén a indicar é que o ámbito local supón o punto feble da Administración Electrónica no Estado, pois practicamente limítanse a facilitar a presentación de queixas, a descarga de documentos, a realización de consultas e o pagamento de taxas, pero esquecen moitos outros trámites que poderían facerse por vía telemática para dar un mellor servizo ao cidadán (como a solicitude de axudas ou a renovación da tarxeta da ORA).
Os concellos españois suspenden en Administración Electrónica
Compartir Este Artigo
