Coma adiantaran antes da fin de semana, o pasado domingo comezou a distribuírse a actualización do HTC Desire a Android 2.2 Froyo, de xeito que os terminais irmáns do Nexus One poden poñerse á súa altura no que a sistema operativo se refire, aínda que polo momento só contan con esta actualización os usuarios terminais libres ou da operadora Orange (T-Mobile distribuirá a actualización en setembro e Vodafone asegura que fará o propio «tan pronto como sexa posible»).
A actualización do HTC Desire a Froyo non incorpora só as novidades do sistema operativo de Google como a posibilidade de instalar aplicacións na tarxeta de memoria do móbil ou gozar de tecnoloxía Flash en páxinas web, senón que tamén abre a posibilidade de gravar vídeo a 720p, mellora a identificación de chamada e incluso facilita a sincronización musical con iTunes.
Comezan as actualizacións dos HTC Desire a Android 2.2
Compartir Este Artigo
