Cota de mercado dos sistemas operativos conectados á InternetDende Microsoft poden estar satisfeitos ao constatar dende NetMarketShare que a penetración global de Windows 7 (14,46%) en equipos conectados á Rede é xa superior ao de Windows Vista (14,34%), pese a levar a metade de tempo á venda, polo que podemos asegurar que o último sistema operativo da compañía de Redmond está a ter unha impresionantemente boa acollida, aínda que non todo son boas novas, xa que resulta que o sistema operativo que lidera a web con moita diferenza é Windows XP, co 61,87% dos equipos , o que parece vir provocado principalmente polas empresas e Administracións Públicas, que non renovan axeitadamente os seus equipamentos, de xeito que teñen que manter unha plataforma obsoleta para garantir a compatibilidade entre os seus numerosos sistemas informáticos. Apple continúa a manterse bastante afastado de Windows, co 2,48% dos equipos con Mac OX X 10.6 e o 1,82% con Mac OS X 1,82%, o que parece ser unha lixeira caída interanual que tamén padeceu o Linux, dando a entender que Microsoft mantén o seu peso no sector informático con bastante facilidade, aínda que haberá que ver se solucións coma Chrome OS logran roubar usuarios a Windows.