Durante o congreso californiano Techonomy que tivo lugar no lago Tahoe, nun panel no que tamén participaban Bill Joy, Kevin Kelly e Willie Smits atendendo a preguntas da presentadora da CNBC Maria Bartiromo, Nicholas Negroponte falou sobre o seu proxecto para achegar portátiles aos cativos de países en vías de desenvolvemento (que pese a ser considerado coma un rotundo fracaso, segue a ter moito potencial) e realizou unhas declaracións moi polémicas ao asegurar que os libros en papel morrerán en 5 anos.
Negroponte lembrou que nos anos 80 a xente non cría que a película fotográfica fose morrer, e logo aconteceu algo semellante coa música en soportes físicos, ou sexa que aínda que a xente resístase a crer no cambio «está acontecendo. Non pasará en 10 anos, parará en 5 anos».
Se atendemos ao contexto, podemos ver que o libro de texto para usos educativos serían os primeiros afectados por esta revolución (pois nun ordenador portátil poden almacenarse sen problemas milleiros de libros) e para ilustralo, Negroponte lembrou que Amazon xa vende máis e-books que libros de tapa dura.
Sobra dicir que cando falamos da morte dos libros físicos estariamos a falar dun cambio de modelo no seu sector, pois parece evidente que non van desaparecer totalmente, senón que manterán os seus usos coma tamén pasa cos discos de música (tanto CD coma vinilos), que seguen á venda pese a que os seus resultados son só unha sombra do que eran hai unha década.
Negroponte cre que aos libros en papel quédanlles só 5 anos de vida
Compartir Este Artigo
