
A adquisición de Tuenti Créditos poderase facer mediante SMS, PayPal e tarxeta de crédito, para despois poder mercar coa moeda virtual bens nos xogos, para mellorar a carreira de xogador. Dende Tuenti aseguran que con este servizo buscan consolidar unha relación de confianza cos usuarios, pois ao ter un sistema de cobros centralizado os usuarios non terán que pasar por terceiros para gozar dos diferentes servizos de pagamento.
Amais, Tuenti estrea un botón de Compartir que facilita a achega de contidos noutras páxinas web aos nosos amigos nas redes sociais desta plataforma, como xa fan dende hai tempo os seus competidores, e que vimos de integralo en Código Cero, de xeito que con premer o botón correspondente nas nosas novas será posible facerllas chegar aos nosos amigos en Tuenti.
Tuenti estrea micropagamentos para os seus xogos sociais
Compartir Este Artigo
