
Esta operación de compra amosa a importancia que dende Intel dan ao sector da seguridade informática, especialmente agora que hai tantos dispositivos conectados á Internet, incluíndo móbiles, dispositivos sen fíos, televisores, coches ou caixeiros automáticos, polo que defenderse das ameazas electrónicas precisa dunha achega que combine software, hardware e servizos, de aí que Intel estea interesada en cubrir de xeito integral esta demanda.
O presidente de McAfee, Dave DeWalt, comentou sobre a adquisición que podería mellorar a súa «habilidade para entregar unha experiencia máis segura e fiable nos dispositivos conectados á Internet».
Actualmente McAfee é a meirande compañía de seguridade informática a nivel mundial, con preto de 6.100 empregados e unha facturación aproximada de 2.000 millóns de dólares en 2009, e tras esta operación pasará a depender da división de software de Intel.
Intel mercará McAfee por 7.680 millóns de dólares
Compartir Este Artigo
