Pese a que xa era posible consultar os vídeos máis reproducidos en YouTube, ante a demanda deste tipo de consulta decidiron crear unha nova sección chamada YouTube Charts, na que aparecen os vídeos máis populares na actualidade ou de toda a vida de YouTube, o que resulta un método ideal para saber o que está de moda, así coma os vídeos imprescindibles que a meirande de usuarios da Internet deberían ver.
YouTube Charts permite consultar os 100 vídeos máis vistos por día, semana, mes e de sempre, pero para completar esta información, agora tamén podemos consultar os clips que foron máis veces etiquetados como que gustan aos usuarios, así como as canles con máis subscritores, elementos que tamén axudan moito a localizar contidos de interese.
Curiosamente este novo apartado perde coma funcionalidade a posibilidade de segregar o volume de reproducións dos vídeos segundo as distintas versións locais de YouTube (antes era posible comprobar por separado as reproducións españolas) pero supomos que a engadirán nos vindeiros días, para enriquecer esta nova sección.
YouTube estrea unha sección cos vídeos máis populares
Compartir Este Artigo
