
Segundo fai saber na entrevista do dito operador galego Iván Gómez, socio fundador de Classora, do que se tratou foi de trasladar ao eido das bases de coñecemento web os métodos e usos da Intelixencia no Negocio (Bussiness Intelligence), unha tendencia-tecnoloxía que por dicilo dalgún xeito complementa e mellora o que de materia gris hai nunha empresa.
A ferramenta, que se dirixe a un público moi amplo (investigadores de toda índole aos que Internet, con toda a información estática e interesada que ofrece, lles saiba a pouco), ten feitura de plataforma colectiva, aberta a comentarios, valoracións e a melloras dos seus usuarios.
Classora, dispoñible en inglés e español (agardamos que o galego tamén se inclúa nas previsións), xorde co obxectivo de ser diferente en tódolos ámbitos, mesmo no que sae dela mesma, o coñecemento. A xuízo dos seus creadores, partirá de datos básicos e en aparencia superficial para achegar algo non evidente. Neste senso, din, Classora resolve tres problemas sen relación: a carga, integración e actualización dos datos automática, a compresión da linguaxe natural e representación do coñecemento en múltiples feituras.
En desenvolvemento unha ferramenta galega para chegar a onde non chega Google
Compartir Este Artigo

