Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

S. P.
Publicado: 26/11/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O CIFP Politécnico de Santiago celebra mañá venres a segunda xornada de Robota: Cultura robótica, o encontro anual de HispaRob no marco da Semana Europea da Robótica. A mañá está dirixida a profesionais da robótica, Bacharelato, Formación Profesional e universidade, e contará coa presenza da directora xeral de Formación Profesional da Xunta, María Eugenia Pérez Fernández, do presidente de euRobotics, Francesco Ferro, e da presidenta de HispaRob, Jorgina Díaz. Pola tarde, o centro abre as súas portas ás familias e ao público en xeral cunha feira gratuíta de experimentación e robótica.

A Semana Europea da Robótica, impulsada por euRobotics, é a principal campaña europea de divulgación neste ámbito, unha iniciativa que en España coordina HispaRob. A súa xornada estatal celébrase por primeira vez en Galicia e, durante dous días, reúne no CIFP Politécnico a docentes, investigadores, empresas e servizos públicos para amosar como se usa xa a robótica nas aulas, na industria, no coidado das persoas e nas emerxencias.

A xornada arrancou hoxe cun día dedicado ao profesorado de Infantil, Primaria, Secundaria e Educación Especial. A tecnóloga Cristina Aranda pronunciou a conferencia inaugural, A intelixencia, sempre humana. Despois, a ONCE, a Universidad Carlos III de Madrid e outras entidades debateron sobre robótica accesible e inclusión, e a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, entre outras, reflexionaron sobre a creatividade e o uso da intelixencia artificial nas aulas.

Pola tarde, docentes de catro centros galegos participantes no programa Polos Creativos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia compartirán as súas experiencias e entregarase o Selo de Calidade en Robótica Educativa.

A Plataforma Tecnológica Española de Robótica, HispaRob, agrupa empresas, centros de investigación, universidades e administracións implicadas no desenvolvemento e na integración da robótica na sociedade. É coordinadora nacional da European Robotics Week, promovida por euRobotics, e membro da alianza STEAM polo talento feminino Niñas en pie de Ciencia.

Programa venres 27 de novembro

  • 9.30 h. Recepción de asistentes e robótica en vivo no vestíbulo, con demostracións de empresas e proxectos do alumnado do CIFP Politécnico: un brazo robótico que pinta, outro que repón material nun almacén e dous robots que coordinan a loxística de mercadorías.
  • 10.30 h. Benvida, con María Eugenia Pérez Fernández, directora xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia; Francesco Ferro, presidente de euRobotics; Jorgina Díaz, presidenta de HispaRob e José Manuel Carbia Pichel, vicedirector do CIFP Politécnico de Santiago.
  • 11.00 h. Mesa redonda Robótica social, con Fernando Fernández Rebollo (Inrobics), Natalia Ñancupil (No Isolation España), Francesco Ferro (PAL Robotics) e Raúl Gómez (Fundación CARTIF). Modera Miguel Ángel Salichs, catedrático da Universidad Carlos III de Madrid. A mesa abordará aplicacións reais da robótica social na educación, na rehabilitación e no coidado de persoas maiores, e como se adapta ás necesidades das persoas usuarias e contribúe á inclusión e ao benestar.
  • 12.30 h. Mesa redonda Robótica de emerxencias e seguridade, con Sonia López (Policía Local de Narón), Juan José Canosa, técnico superior en emerxencias de Nordestech, Higinio González (Universidade de Vigo) e Rubén Fraga, bombeiro condutor do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Pontevedra. Modera Jorgina Díaz, presidenta de HispaRob. Cada participante achegará a súa visión sobre situacións reais nas que a tecnoloxía xa axuda nas emerxencias, a formación, as normas e os recursos que necesitan estes servizos e onde debería estar chegando xa a robótica.
  • 13.30 h. Presentación do proxecto europeo Robota-SUDOE, sobre robots que manipulan produtos como a carne ou a froita, con Juan Antonio Corrales (Escola Politécnica Superior de Enxeñaría), Lucio García (CeTeCa) e Daniel Sánchez (AIJU).
  • 14.00 h. Clausura
  • 17.00 a 19.00 h. Feira de experimentación e robótica, aberta ás familias e ao público en xeral  

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026
Actualidade

X por fin incorpora controis parentais

26/11/2026
Actualidade

Balidea e a USC organizan unha mesa redonda sobre IA médica responsable

26/11/2026
Actualidade

Galicia contará cun rexistro de condenados por violencia dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?