Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Traballo promove a creación de empresas tecnolóxicas como froito da investigación galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Traballo promove a creación de empresas tecnolóxicas como froito da investigación galega

Redacción
Publicado: 17/09/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

beatriz_mato_cos_reitores.jpgA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe cos reitores das universidades de Santiago, Juan José Casares Long; de Vigo, Salustiano Mato de la Iglesia; da Coruña, José María Barja Pérez; e co presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Rafael Rodrigo Montero o convenio do programa Empresa-Concepto que busca impulsar a transferencia dos coñecementos do ámbito investigador á sociedade, para o que a Consellería de Traballo e Benestar achega un total de 250.000 euros en axudas e recursos para que os grupos de investigadores galegos constitúan empresas de base tecnolóxica cos resultados do seu traballo.
O obxectivo principal deste acordo é fomentar e apoiar o emprendemento desde o eido académico e investigador, ao dinamizar o traballo dos grupos de investigadores de modo que se posibilite a creación de empresas de base tecnolóxica, pois en palabras de Beatriz Mato «non podemos deixar que as boas ideas que crean non teñan cabida no mercado galego», polo que «esta porta aberta para materializar as súas iniciativas» porá a disposición dos investigadores unha serie de recursos que lles facilitarán a posta en marcha dun negocio. Deste xeito, contarán co asesoramento de promotores tecnolóxicos, que desenvolverán este programa en cada un dos grupos de investigación.
beatriz_mato_cos_reitores2.jpgO orzamento do programa tamén contempla financiamento para aqueles traballos de consultoría ou calquera outro proceso de avaliación de viabilidade que sexa preciso para a posta en funcionamento das empresas.
O convenio que se asinou hoxe ten unha vixencia de dous anos. A previsión, segundo detallou Mato, é que durante este tempo se analice a viabilidade dos proxectos de 20 grupos de investigación. Terase en conta as súas posibilidades de constituírse en empresa de base tecnolóxica e a súa incidencia na xeración de emprego.
Os resultados que se produzan sumaranse os xa acadados desde 2004, ano no que comezou a funcionar o programa Empresa-Concepto. Durante este tempo, avaliáronse preto de 60 proxectos e constituíronse, ao seu abeiro, un total de 36 empresas subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

Declaracións de Beatriz Mato tras a sinatura do convenio

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?