
“Estes datos”, sinalou, “poñen de manifesto a relevancia das xornadas, o que nos permite achegarnos a un dos obxectivos que nos propuxemos no comezo: lograr a paridade na presenza do alumnado e da empresa”, conta o profesor Armesto.
As xornadas que teñen o apoio de institucións e empresas como o IGAPE, a Xunta, o Porto, o Ministerio de Educación ou Caixanova, diríxense á divulgación de todo aquilo que teña relación coa vangarda da automatización industrial, ou, para entendérmonos, cos recursos e servizos (software, maquinaria, robots, etc) postos arestora en xogo para favorecer os procesos das empresas. Máis polo miúdo, trataranse temas como a xestión da auga, da enerxía e do medio ambiente; a automoción; a robótica industrial e a soldadura láser. “Contaremos con máis de corenta relatores do máximo nivel, que nos traerán todas as novidades do sector”, apunta o Armesto, a quen hai ben pouco tivemos a oportunidade de entrevistar para a web de Código Cero.
Entre os relatorios, Armesto quixo salientar na presentación das JAI o que ofrecerá o día 18 Manuel Montes, pertencente ao grupo Desarrollanet, responsable do control de acceso ás xornadas. Trátase dunha empresa galega especializada en eventos de máxima seguridade que na actualidade está desenvolvendo o tema do recoñecemento de caras en colaboración co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant. “Este é un perfecto exemplo da denominada transferencia de coñecemento, pois dende o eido académico estáselle a ofrecer a esta empresa tecnoloxía que a converte en punteira no sector”, explica Armesto.
As xornadas JAI baterán records este ano en participación empresarial
Compartir Este Artigo

