
Nisto tamén coincidiu o propio Nacho Armesto, coordinador das JAI, quen destacou o papel de firme ligazón que desempeñan as xornadas entre a Universidade e as empresas, “ofrecéndolle ao alumnado un primeiro achegamento ao eido laboral”. Ao seu xuízo, as xornadas teñen o privilexio de contar con profesionais achegando experiencias, estudantes tomando nota e unha sociedade por enteiro atendendo a todos eles.
En representación da Autoridade Portuaria, acudiu ao acto de apertura o seu director, Luis Lara, que puxo de manifesto a alta calidade dos relatorios que se desenvolven ao longo de toda a semana e que “permiten que nos poñamos ao día en temas de gran valor e relevancia, xa que a automatización é un reto para mellorar a competitividade das nosas empresas”.
As xornadas JAI, a maiores, están a dar acubillo a presentacións de demostracións de servizos e equipamento tecnolóxico, galegos e de fóra, de gran importancia para a nosa terra e o seu impulso produtivo. Un exemplo disto foi o relatorio impartido por José Manuel González, director xeral de Castrosúa, que detallou as vantaxes do Tempus, o primeiro bus híbrido desenvolvido ao cen por cen por con tecnoloxía galega. O bus, por certo, contou para coller pulo co apoio da Universidade de Vigo, sobre todo no que se refire ao deseño do seu sistema de comunicación e da planta motriz de pilas de combustible de hidróxeno.
O reitor de Vigo cualifica ás xornadas JAI de fábrica de ideas para o mundo
Compartir Este Artigo

