Cara a onde vai a profesión de xornalista? Poderemos falar de xornalismo a medio ou longo prazo ou cumprirá inventarlle un novo nome a unha profesión que, para mal ou para ben, xa nunca será a mesma despois da chegada das redes participativas? Estas e outras preguntas son a base dun encontro internacional sobre comunicación a celebrar os vindeiros 14 e 15 de decembro na Illa de San Simón. A xuntanza, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e máis a Fundación que leva o nome da illa pertencente a Redondela, convocará a profesionais de oito países latinoamericanos. Esta primeira edición do evento, informa o Colexio, centrarase sobre todo en debater acerca dos cambios que se están a dar no sector, “de gran incerteza pola actual crise e polos desafíos impostos pola irrupción de novos soportes”.
O encontro xorde do convenio asinado entre as dúas entidades galegas e que deu froito ao concepto Illa de Pensamento, un concepto que entre outras cousas inclúe a transformación do miúdo arquipélago galego nun obradoiro de ideas con proxección globalizadora, e todo isto tirando partido da súa bagaxe cultural e histórica. Por certo que no foro tamén colabora o Centro Iberoamericano de Estudos de Comunicación.
A idea que acompaña ao encontro é a mesma cá do dito concepto: non deixar cuestión temática sobre o coñecemento de hoxe por tratar, ampliando esta vontade de debate ás canles principais polas que se ofrece arestora ese coñecemento (e máis tendo en conta en que medida os recipientes dixitais configuran os contidos). Para facérmonos unha idea esta arela, o encontro do que estamos a falar incluirá relatorios de tipo virtual, así como a retransmisión en streaming do propio encontro en todas as universidades que teñen subscritos convenios de colaboración coa Illa do Pensamento. Entre elas figuran universidades de Arxentina, Chile, Costa Rica ou México, que empregarán estas sesións en aberto, vía a Rede, como unha “clase especial dirixida aos alumnos de Comunicación Social destas institucións académicas”, informa o Colexio. Ademais, participarán no encontro de xeito virtual universidades de Portugal e Colombia.
Programa
MARTES 14 DE DECEMBRO
16:00 – 16:30 h. Chegada e recibimento dos participantes. Inauguración.
16:30 – 18:00 h. Primeiro debate: OS RETOS E AS DISFUNCIÓNS DA COMUNICACIÓN EN AMÉRICA LATINA
Beth Costa, Federaçao Nacional de Jornalistas (FENAJ) do Brasil e responsable da comisión de xénero da FEPALC
Damián Miguel Loreti, Universidad de Buenos Aires (UBA) y Universidad
de Lomas de Zamora. Federación Argentina de Trabajadores de Prensa
Moderador: Valentín Alejandro Martínez Fernández18:00 – 18:30 h. Descanso
18:30 – 20:00 h. Segundo debate: O FUTURO DO XORNALISMO, XA ESTÁ AQUÍ?
Juan Varela, Periodistas 21
Montserrat Quesada. Universidad Pompeu Fabra
Nacho de la Fuente, Community Manager de la Corporación Voz de Galicia
Moderador: Xosé Manuel Pereiro20:00 – 20:30 h. Descanso
21:00 – 21:30 h. Sesión Virtual.
MÉRCORES 15 DE DECEMBRO9:00 – 10:15 Primeiro panel: A ORGANIZACIÓN DOS XORNALISTAS
Xosé Manuel Pereiro, Decano do Colexio Profesional de Xonalistas de Galicia
Josep Maria Martí, Decano do Col.legi de Periodistes de Catalunya
Francisco Fuentes, Xunta de Goberno do Colegio de Periodistas de Murcia10:15 – 11:30 Segundo panel: A LEI DE GARANTÍAS DA INFORMACIÓN
Dardo Gómez, Secretario General da Federación española de Sindicatos de Periodistas (FeSP)
Luis Álvarez Pousa, Profesor de Xornalismo Especializado na USC, director doObservatorio Galego dos Medios e membro da Xunta de Goberno do CPXG
Milagros Pérez Oliva, Defensora do Lector do diario El País
Alfonso Cabaleiro Durán, Secretario Xeral de Medios Xunta de Galicia
Ignacio Bel Mallén. Universidad Complutense Madrid11:30 – 12:00 Descanso
12:00 – 13:15 Terceiro panel: O XORNALISMO DE FONTES
Alfonso Cabaleiro Durán, Secretario Xeral de Medios Xunta de Galicia
Milagros Pérez Oliva, Defensora do Lector do diario El País
Luis Álvarez Pousa, Profesor de Xornalismo Especializado na USC, director do Observatorio Galego dos Medios e membro da Xunta de Goberno do CPXG
Javier Fernández del Moral, Catedrático de Xornalismo, Universidad Complutense de Madrid
Valentin Alejandro Martínez Fernández, Doctor Universidade da Coruña.13:15 – 14:30 Cuarto panel: A NECESIDADE DA TITULACIÓN PARA A NORMALIZACIÓN DO XORNALISMO
Beth Costa, Federaçao Nacional de Jornalistas (FENAJ) do Brasil e responsable da comisión de xénero da FEPALC
Dardo Gómez, Secretario General da Federación española de Sindicatos de Periodistas (FeSP)
Xosé Manuel Pereiro Decano do Colexio Profesional de Xonalistas de Galicia
Josep Maria Martí Decano do Collegi de Periodistes de Catalunya
Xosé Pereira, Decano da Facultade de Ciencias de la Comunicación da USC.

