Durante 2010 consolidouse o encontro coñecido coma LaconNetwok, que os últimos venres de cada mes xuntou a emprendedores e profesionais do sector TIC de xeito informan en xantares repartidos por toda a xeografía galega, e para celebrar o primeiro ano de vida desta iniciativa informal este venres organizan un destes eventos por todo o grande no PALEXCO de A Coruña.
O One Year de LaconNetwork, aparte do formato habitual de xantar distendido no que facer networking entre os asistentes, vai contar con convidados de excepción, que impartirán uns pequenos relatorios: Miguel Silva, co-fundador de Blusens, falará sobre o emprendemento en Galicia con aspiracións globais, mentres que Fernando Pérez-González, fundador de Bit Oceans, ilustrará sobre o aproveitamento do fracaso para avanzar no emprendemento.

Espérase que tamén participen do encontro fondos e bancas privadas, consultoras e representantes de distintas empresas de base tecnolóxica con presenza en Galicia coma LambdaStream, R ou Coremain.
LaconNetwork celebra o seu primeiro aniversario en A Coruña
Compartir Este Artigo

