AR-K conta cuns traballados gráficos tridimensionaisHai poucos días abriuse o proceso de reserva do primeiro capítulo de AR-K: Sexo, Mentiras y Trabajos de Clase, un videoxogo coruñés para PC desenvolvido polo estudo Gato Salvaje, que inicialmente chega para equipos con Windows, pero que posteriormente chegará para Linux e Mac OS X, destacando polo feito de que nace con vocación internacional, pois aparte de en español e galego, tamén estará dispoñible en alemán e inglés. Este traballo está feito con certo mimo, e incluso contan con figuras como a actriz María Castro para dobrar a voz de Alicia, a protagonista desta aventura. María Castro porá voz a Alicia, a protagonista do xogoOs interesados en coñecer cómo é posible a creación dun videoxogo completo partindo dun orzamento limitado poderán acudir o vindeiro xoves ás 16:30 horas á Facultade de Informática de A Coruña, onde os responsables de Gato Salvaje impartirán un relatorio no que explicarán o paso dunha primeira idea a un produto final de calidade sen precisar dun grande investimento, tal e coma fixeron co videoxogo AR-K.