Este mércores chega ás tendas españolas finalmente o agardado xogo Killzone 3, que pese a padecer un duro golpe tras a filtración dunha copia do xogo exclusivo para PlayStation 3 hai máis dunha semana, pretende convertese nun dos xogos estrela para a consola doméstica de Sony en 2011, pois non só conta cun espectacular modo de campaña, senón que a súa forza está nos modos de xogo en liña (aos que só deberían poder acceder os que teñan copias lexítimas deste título, de aí que poida manter o seu pulo como tamén fai a saga de Halo na moi pirateada Xbox 360).
Killzone 3 parte da historia na que rematou a súa anterior entrega, con Visari, o malvado ditador Helghast, morto aos pés dos soldados das Forzas Especiais IASA, Sev e Rico; pero ter gañado a batalla non significa gañar a guerra. Aínda que a profundidade da trama e dos personaxes non sexan o máis importante neste tipo de xogos, dende Guerrilla Games aseguraron ter fortalecida esta carencia, con mellores diálogos e uns personaxes mellor desenvolvidos.
O xogo tamén conta cunha campaña cooperativa de 2 xogadores, é compatible con lentes 3D e soporta o sistema de control de movemento PlayStation Move, sumando unha serie de factores que o converten nun firme candidato a ser o xogo de acción en primeira persoa para PS3 máis completo ata o momento.
Trailer de lanzamento do xogo
Sae á venda Killzone 3
Compartir Este Artigo

