Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TIC TAC Galicia achégalle as novas tecnoloxías ás persoas con discapacidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TIC TAC Galicia achégalle as novas tecnoloxías ás persoas con discapacidade

Raquel Noya
Publicado: 16/03/2011
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Juan_Lamas_traballando_cun_ordenador_TICTAC.jpgAta 149 centros públicos de acceso á Rede na nosa Comunidade dispoñen xa, grazas ao programa TIC TAC Galicia, de dispositivos tecnolóxicos adaptados, para que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade, teñan as mesmas oportunidades de conectarse a Internet que o resto da poboación galega, aproveitando así tódalas vantaxes que lle ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar a súa calidade de vida.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, foi a encargada de presentar esta iniciativa na que colabora co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (a través de red.es), que se levará a cabo noutras oito comunidades e unha cidade autónoma, e que achega un investimento de 820.000 euros.
O programa TIC TAC ten como obxectivo reforzar con novo equipamento tecnolóxico os centros públicos de todo o país, para mellorar a accesibilidade á sociedade da información de toda a cidadanía, facendo especial fincapé nas persoas con discapacidade, que agora poderán, entre outras cousas, facer uso da administración electrónica de maneira doada e sen trabas.
Francisco_Lopez_Maria_Fernandez_Mar_Pereira_Coro_Pinhiero.jpgA iniciativa tamén pretende levar a cabo accións formativas entre as persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motora; así como entre os profesionais que asesorarán ás devanitas persoas no uso diario destes dispositivos.
Entre os centros beneficiarios desta iniciativa no noso país inclúense 20 bibliotecas públicas, 89 centros adheridos á Rede de aulas de Modernizacion e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), 14 centros hospitalarios, 8 parques naturais, 17 centros de atención a discapacitados e diversas aulas de formación, nos que se instalaron un total de 150 ordenadores e 153 portátiles adaptados, así como 181 kits de discapacidade e 60 lectores de DNI electrónicos.
Este equipamento, que permite facer uso dun PC ao 60-70 por cento das persoas con algún tipo de discapacidade, combina software específico e elementos periféricos tales como teclados de teclas grandes con cobertor, ratos de bola grande adaptados, conmutadores tipo botón (que facilitan o manexo para usuarios con dificultades motoras), ratos para queixo, sistemas de soporte e colocación tipo brazo ou pantallas táctiles, entre outros dispositivos.
Coa axuda desta tecnoloxía, as persoas integrantes destes colectivos tan só terán que poñer un pouco de vontade e moitas ganas de aprender para integrarse plenamente na Sociedade da Información, e colaborar así na mellora tecnolóxica de todo o país.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?